sábado, 7 de julio de 2012

Asaltiño ao castelo no pobo de Vimianzo.

Como todos os anos, no pobo de Vimianzo, dase unha festa tradicional chamada ''O asalto ao Castelo''.
Esta festa dase todos os primeiros sabados de xullo, e como actividade principal, dase unha representación de como os antepasados Vimianceses, ou tamen chamados ''Irmandiños'', defendían o seu pobo frente aos nobres e asaltaban o Castelo de Vimianzo para defender os seus dereitos.
Este ano, para os mais pequenos, a organización do Asalto decidiu elaborar unha representación para os mais cativos, que se deu as 5 da tarde dende a praza do concello ata o foso do castelo, onde fixeron unha batalla de pistolas de auga, onde se divertiron tanto nenos coma adultos.




         Imaxes tomadas por: Darío Miranda Pastoriza.
  Redactado por: Darío Miranda Pastoriza.

1 comentario: