domingo, 8 de julio de 2012

Laxe... Algo máis que un pobo mariñeiro.

O pobo de Laxe, pode que vos sone da incrible praia que posee, pero non só iso fai que Laxe sexa un pobo  único.
En Laxe, aparte da praia mais coñecida, encontrase a famosa Praia Dos Cristais.  Ten este nome porque esta chea de cristaliños de botellas que se foron erosionando coa forza do mar.
Nesta praia, sóese facer todos os anos un certame de poesía onde os poetas da zoa representan as suas meiores obras.

Deixovos cunhas imaxes que tomei hoxe nela:








II Feira de Oportunidades en Muxia (14,15,16)

Os próximos 14,15 e 16 de xullo, no polideportivo de Muxía.
Os Horarios Principais son:

Venres 14: Dende as 16:30 ata as 21:30.

Sábado 15 e Domingo 16: Dende as 11:00 ata as 21:30

Esta feira consiste na venda de productos a uns prezos moi económicos, xa que ou son de segunda man, ou son demasiado antiguos para ser vendidos.
A entrada ao polideportivo, onde se elaborará a feira, será de 2 Euros.
Aparte da feira, para os mais pequenos hai uns hinchables e, para os mais adultos cafés e chupitos gratis, acompañados dun sorteo diario de productos.

                                                 Redactado por: Darío Miranda Pastoriza.

sábado, 7 de julio de 2012

Asaltiño ao castelo no pobo de Vimianzo.

Como todos os anos, no pobo de Vimianzo, dase unha festa tradicional chamada ''O asalto ao Castelo''.
Esta festa dase todos os primeiros sabados de xullo, e como actividade principal, dase unha representación de como os antepasados Vimianceses, ou tamen chamados ''Irmandiños'', defendían o seu pobo frente aos nobres e asaltaban o Castelo de Vimianzo para defender os seus dereitos.
Este ano, para os mais pequenos, a organización do Asalto decidiu elaborar unha representación para os mais cativos, que se deu as 5 da tarde dende a praza do concello ata o foso do castelo, onde fixeron unha batalla de pistolas de auga, onde se divertiron tanto nenos coma adultos.




         Imaxes tomadas por: Darío Miranda Pastoriza.
  Redactado por: Darío Miranda Pastoriza.